EDL

EDL

05/05/10

Obradoiro de hip hop




Hoxe os alumnos de 4º e 1º da ESO participamos en senllos obradoiros de hip hop organizados polo ENDL. Para iso visitounos Carlinhos Gende, un hip hopeiro de Cerceda -berce de grupos do xénero tan importantes en Galicia como Dios ke te Crew-. Para comezar falounos dos piares do mundo hip hop, da súa historia, do hip hop en Galicia e, como non podía ser doutro xeito, de porque facelo en galego: porque esa é a nosa lingua, na que sentimos e na que máis cómodos nos sentiremos para crear. Dixo que agora ata mola, aínda que el non o fai por iso.

Na segunda parte pasamos á práctica e ensinounos a rapear, pero sobre todo a facer beatbox, o acompañamento musical do rap que se fai coa boca e no que é un experto. A de sons de instrumentos que saíron da súa boca: deixounos abraiados!!

Algúns atrevémonos a intentalo e outros acabamos bailando. Ao final, ata o profesor de música de primaria fixo beatbox.

Total, unha experiencia para repetir. Mirade as fotos e os vídeos e comentade.




video



video

6 comentários:

  1. Anónimo6/5/10 13:08

    Paseino moi ben e aprendemos a facer algun ruído coa boca como o bombo que se pronunciaba como unha B)... Podia volver outra vez para enseñar a facer canción para aprender nos.

    ResponderEliminar
  2. O obradoirop de hip hop estubo moi bn.O xico k nolo dou o principio estaba un pouco nervioso.Gustoume os ruídos k facia ca boca. Eu intenteino facer peo nn me saliu.Rinme moito e espeo ter outro obradoiro asi de divertido pronto.

    ResponderEliminar
  3. Bárbara6/5/10 13:27

    A min gustoume moito.Ao principio pensei que el estaba algo nervioso pero despois non.Amin sempre me gustou o rap e como rapean e a forma que teñen de vestir e de handar.
    Encantoume!!
    Eu repitiria.

    ResponderEliminar
  4. Anónimo6/5/10 14:11

    Espero que o ano que ven, volva a tocarnos a nos, que o ano pasado nos tocou, pero este non! e haber se veñen os dous

    ResponderEliminar
  5. Anónimo9/5/10 20:46

    estubo ben...foi divertido e aprendemos algo novo.pero non qero repetir

    ResponderEliminar
  6. Anónimo9/5/10 20:47

    algo aburrido.........

    ResponderEliminar