EDL

EDL

26/04/10

Le o primeiro capítulo da nova novela de Calveiro


Settecento está construída como unha obra musical. De feito, nas súas páxinas desfilan personaxes reais, caso de Antonio Vivaldi, e a música ten un gran protagonismo.
Calveiro constrúe non só unha historia senón unha grande atmosfera cultural entre as cidades de Veneza e Compostela, nun século clave, entre o barroco e as esperanzas do que había ser chamado Século das Luces.
Xerais cédenos por cortesía o primeiro capítulo da novela, en formato pdf. O libro xa está nas librarías, na colección de 'Narrativa'.
Lede e opinade!

1 comentário:

  1. Gracias por ofrecernos esta primicia. Festina lente, a anterior novela de Marcos Calveiro, gustoume moito e acompañoume na miña viaxe a Cataluña hai dous veráns.
    Agora mercarei esta, porque ademais úneme co autor unha relación especial: foi compañeiro meu de pupitre en 3º BUP e o que me introduciu na música de Silvio Rodríguez, Sabina e sobre todo Aute.
    Xa choveu!!

    ResponderEliminar