EDL

EDL
BO NADAL E FELIZ ANO NOVO!!

23/04/10

Galicia celebra o Día do Libro


O Día do Libro celébrase en Galicia con numerosos actos conmemorativos. En varias cidades faranse actividades para liberar libros e algunhas librerías galegas regalarán flores ou viño aos compradores.
Seis cidades comporán con libros os primeiros versos do poema Negra sombra, de Rosalía de Castro, nunha iniciativa da Consellería de Cultura. Lugares emblemáticos de Lugo, A Coruña, Ourense, Pontevedra, Vigo e Santiago completarán as estrofas cun total de 100.000 libros que despois serán repartidos entre os viandantes.
Opinade!

Sem comentários:

Enviar um comentário