EDL

EDL

29/04/10

A Asociación de Gaiteiros Galegos tamén protesta

“A música tradicional está presente nas parroquias, nas aldeas, mais non nos medios públicos galegos”. Esta é a queixa de Santiago Caneiro, presidente da Asociación de Gaiteiros Galegos (AGG), colectivo que suma máis de 30 anos traballando pola música galega e pola súa proxección. “Non se corresponde a presenza que a nosa música ten na sociedade co espazo que lle ofrecen os medios de comunicación”, asegura.A través dun comunicado, os membros da asociación fan pública a súa “preocupación pola diminución da presenza da música tradicional nos medios de comunicación públicos” e lamentan “os esforzos que se están a producir por parte do Goberno para eliminar os programas relacionados coa cultura tradicional das súas canles habituais”.Refírense ao programa Alalá (TVG), que mudou de horario para ser emitido os xoves ás once da noite; ou tamén ao cambio de emisora do programa Lume na Palleira, que emitía a Radio Galega (RG) e agora pasa e emitirse por Radio Galega Música (RGM): así escóitaos menos xente, non vaia ser que lles guste!



Din tamén os xornais de hoxe que o noso presidente non apoia o uso da lingua no Senado invocando a austeridade. Mira que non gastan cartos as institucións en ágapes, festas e outros conceptos parecidos!!



Con esta política de desprotexer a cultura galega- e a lingua en particular- e tódolos nosos signos de identidade que se pretende? Facela desaparecer? Asimilarnos a outras culturas? Ou simplemente é que hai detrás un tremendo complexo de inferioridade dos nosos gobernantes?



Nós non o entendemos, así que vos deixamos estas preguntas para que reflexionedes e a ver que vos parece

1 comentário:

  1. R.Nimo.M.2ºB SECUNDARIA7/5/10 13:43

    2-a,b,d,e.3-anxo,lua,uxio.5-a,c,l.

    ResponderEliminar