EDL

EDL

05/03/10

"A Esmorga" que nos ocultaron


A Editorial Galaxia anuncia que publicará nos vindeiros meses unha nova edición da obra de Blanco Amor na que se recuperan fragmentos censurados polo franquismo.
Entre os estudosos da nosa literatura hai unha opinión indiscutíbel: A Esmorga é unha das mellores novelas escritas en lingua galega. Mais a obra que Eduardo Blanco Amor quixo publicar no seu día non é exactamente a que coñecemos como lectores. Esta é a conclusión á que chegou o profesor Xosé Manuel Dasilva. O profesor Dasilva logrou exhumar o expediente de censura d'A Esmorga e comprobou que faltaban fragmentos por restaurar, todos eles localizados no capítulo cinco e que teñen unha importancia decisiva para o desenlace da obra. Agora, Galaxia anuncia a publicación do texto completo antes de que remate o ano.


Os de 4º ESO ímola ler no terceiro trimestre, pero teremos que conformarnos coa versión sen completar; aínda así, esperamos con ansia esta nova publicación.

Sem comentários:

Enviar um comentário