18/02/10

Os cargos públicos falarán en galego


No desempeño da súa responsabilidade, os cargos, entes, sociedades, institucións e organismos públicos utilizarán o galego. Así o acordou esta mañá o Parlamento tras unha iniciativa do portavoz de Lingua do BNG, Bieito Lobeira.

O texto aprobado hoxe, na Comisión 1ª Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior acordou que “o Parlamento de Galiza inste a Xunta de Galiza a que en cumprimento da legalidade vixente poña en coñecemento dos seus cargos públicos e dos organismos e entes autonómicos , sociedades públicas, institucións dela dependentes, á necesidade de facer uso público, tanto oral como escrito da lingua galega no desempeño da súa responsabilidade pública”.
Opinade!

Sem comentários:

Enviar um comentário