EDL

EDL

23/02/10

Curtocircuito muda de datas


O Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela, Curtocircuito, celebrará a súa sétima edición entre o 23 e o 30 de maio. Como en edicións anteriores o festival contará cunha serie de actividades paralelas como proxeccións na rúa, un concurso de guións ou obradoiros e mesas redondas con persoeiros do mundo audiovisual.
Os interesados en participar nesta edición de Curtocircuito teñen de prazo até o 5 de marzo para inscribir as súas curtametraxes nas diferentes seccións do VII Festival Curtocircuíto: Sección Internacional, Sección Española, Sección Galega e Sección Explora (para traballos experimentais e de innovación sen ter en conta a nacionalidade). Teñen que dirixirse www.shortfilmdepot.com
Opinade!

Sem comentários:

Enviar um comentário