11/02/10

Carlos Negro trouxo toda a súa "makinaria"

Como volo contamos. Onte visitounos o poeta Carlos Negro para falar da súa obra Makinaria e, meu dito meu feito, puxo enriba dunha mesa 86 coches de xoguete que simbolizaban os mozos menores de 30 anos que morreron nun ano en Galiza en accidente de tráfico. Deixounos un pouco sobrecollidos. Fixo isto mentres nos ía recitando os poemas do seu libro, que nos gustou aínda máis que cando o leramos nós.

Pero o que fixo esta visita diferente doutras foi que colaboramos con el e participamos activamente Axudámoslle a recitar a ladaíña dos apaches de Far West e a cambio traía un agasallo para cada un de nós: un doce e un poema de amor que lles lemos aos demais compañeiros e que podemos mandar en SMS estas datas de San Valentín. Para rematar asinounos o libro a todos os que llo pedimos.

Pasámolo moi ben e agardamos que se escribe un novo libro para nós nolo veña presentar tamén.

Deixámosvos fotos e un vídeo para que vexades o ben que resultou.




1 comentário:

  1. Vese que foi unha charla animada e foi unha pena que só foran os alumnos de terceiro e 4ºC,porque os de 4ºA e B tamén queriamos ir.



    Lorena 4ºA.

    ResponderEliminar