18/02/10

A Asociación de Actores recoñece o labor de Gonzalo Uriarte


A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) decidiu premiar a Gonzalo Uriarte co Premio de Honra Marisa Soto 2010 polo seu labor ao fronte da entidade. O actor foi o primeiro presidente da AAAG e figura clave nos inicios do teatro e do audiovisual en Galiza. O galardón entregaráselle durante a gala dos XIV Premios de Teatro María Casares o vindeiro 24 de marzo.

Coincidindo co 25 aniversario da súa constitución, a AAAG quere honrar así “na persoa de Gonzalo Uriarte non só a un excepcional actor cunha longa traxectoria nas artes escénicas, senón tamén simbolizar nel o recoñecemento a todos os profesionais que fixeron posíbel a fundación da AAAG”, comentou o presidente da Asociación, Vicente Montoto.

Opinade!

Sem comentários:

Enviar um comentário