13/01/10

A RAG elixirá novo presidente o 23 ou o 30 de xaneiro

O secretario e presidente en funcións da Real Academia Galega, Manuel González, agarda que 'este mesmo mes' a entidade elixa novo presidente, en substitución de Xosé Ramón Barreiro, unha decisión que baralla se poida producir o día 23 ou o 30 de xaneiro.
Polo momento, só se fixo oficial a candidatura do escritor Xosé Luís Méndez Ferrín para presidir a Real Academia Galega, aínda que até 48 horas antes do plenario está aberto o prazo de presentación de novos candidatos.
Que pensades?

Sem comentários:

Enviar um comentário