29/01/10

Radiofusión convoca unha nova edición do certame de Cartas de Amor


A rede de emisoras municipais galegas Radiofusión vén de convocar unha nova edición do seu certame de Cartas de Amor, iniciativa que naceu en 1997. Nesta ocasión o gañador recibirá como premio unha cena romántica para dúas persoas e a estancia dunha noite no Parador de Turismo de Ferrol a escoller en cuarto dobre ou individual.

As persoas interesadas poden enviar a Radiofusión (Casa do Concello. 15500 Fene) au ao correo electrónico http://mce_host/direccion@radiofusion.eu unha declaración de amor en prosa ou verso que non exceda dun folio mecanografado a dobre espazo en galego. A organización tamén admite cartas escritas a man, sempre que sexan intelixíbeis. O prazo para a entrega dos traballos remata o 11 de febreiro.

Animádevos a participar!

Sem comentários:

Enviar um comentário