06/01/10

O produtor e músico galego Arturo Vaquero, nominado aos premios Goya

O produtor Arturo Vaquero, que traballa dende Friol (Lugo), está nominado aos premios Goya como autor da canción Agallas vs escamas, composto coa colaboración de Xavi Font e a voz de Hugo Silva para a película galega Agallas, de Continental Producións. Vaquero forma parte do Dummie Project, unha formación de música electrónica na que colabora co DJ villalbés Marcos Peón, que tamén ten un tema propio na banda sonora deste filme, co título de Baila mi ritmo, que se converteu no seu primeiro single.
Ademais, Vaquero e Xavi Font foron os encargados de crear toda música que lle dá vida á longametraxe protagonizada por Hugo Silva e Carmelo Gómez, e centrada no mundo do narcotráfico na comunidade galega.
Con isto segue a aumentar a presenza galega nos Goya deste ano, encabezada polos filmes Celda 211, de Vaca Films, con 16 nominacións –entre elas a de Luís Tosar como mellor actor–, e Gordos, de Filmanova, con cinco candidaturas.
Estaremos pendentes !

Sem comentários:

Enviar um comentário