25/01/10

O debuxo universal de Seoane


As visións dun e doutro lado do Atlántico uniranse nun congreso internacional sobre a figura de Luis Seoane no centenario do seu nacemento. A xuntanza, baixo o lema Galicia-Arxentina, unha dobre cidadanía, terá lugar do 6 ao 9 de abril en Santiago e será o xeito do Consello da Cultura Galega de conmemorar a efeméride.
O director da Fundación Luis Seoane, Alberto Ruiz de Samaniego, subliñou tras o anuncio desta convocatoria que o obxectivo do congreso é “diversificar a oferta cultural sobre un artista” que, ao seu entender, é unha das figuras fundamentais do pensamento, da cultura e da arte galega. Para acadar esta meta, contarase coa participación de expertos como son Beatriz Sarlo, profesora na Universidade de Buenos Aires; María Luisa Sobrino, representante da Universidade de Santiago de Compostela; Hernán Díaz, membro da Federación de Sociedades Galegas en Bos Aires; ou Rodrigo Gutiérrez, profesor da Universidade de Granada, entre outros.

Sem comentários:

Enviar um comentário