11/01/10

Gañadores do concurso coplas de Nadal


Os premiados e a copla son os seguintes:

N atalia Vázquez (4º A) disse...
O día de fin de ano
imos todos para a festa,
ten coidado á volta
non vaias abrir a testa.
Disque en fin de ano
se leva algo vermello,
fun a unha tenda a Noia
mercar un tanga de coello.
Nuria disse...
No Nadal branco
moito vai nevare
os nenos nas rúas
moito imos xogar.
Este ano coa crise
os Reis Magos non veñen
pero eu a Oriente os vou ir buscar
a roubarlle todo o que teñen.
Cando esperte o 25
e abaixo vaia mirar
se regalos non teño
ao gordo vou matar.
Eu no fin de ano
champín non vou tomar
porque sabe tan mal
que ata me fai vomitar.
Nuria Miguéns Romero (2ºA)
Paradela disse...
Isto no Nadal
trae moito que pensar
moitos regalos,
moita cea
mais a maxia onde ha quedar?
A ilusión de levantarse
a correr para ir buscar
os regalos que o gordiño
á noite houbo deixar.
Mais non é todo consumir
senón un pouco tamén de dar
onde está o bonito da festa
nestes tempos de Nadal.
Daniel Paradela Dosil (2ºB)
Noraboa e en breve procederase á entrega de premios!

1 comentário:

  1. Miguel (3º A)28/1/10 14:15

    Noraboa aos gañadores
    gustaronme moito as coplas, e espero que gañedes uns bos premios

    ResponderEliminar