13/01/10

Aló Irmao convértese en banda deseñada


O proxecto musical Aló Irmao, que comparten Fran Pérez Narf e Manecas Costa estase a abrir a outras propostas e formatos culturais. Así, na web de Aló Irmao acábase de estrear a súa primeira banda deseñada, que se irá ampliando periodicamente ao longo das vindeiras semanas.As ilustracións son obra de Xavier Belho, en colaboración con Pérez e Costa. Está creada a partir dun arquivo de fotografías do dúo e pretende achegar unha visión diferente do proceso de conexión artística e humana entre os dous músicos.Por outra banda, o dúo fixo balance da súa xira polo Brasil, que o levou entre novembro e decembro de 2009 a São Paulo, Porto Alegre, Jequié, Salvador de Bahia e tamén a Bos Aires. Toda a viaxe musical resultou un éxito pola recepción da crítica e do público, segundo reflectiu a prensa local. Na web de Aló Irmao, o propio Fran Pérez reflexiona sobre os concertos.

Sem comentários:

Enviar um comentário