Descarga ao vivo, o disco gravado en directo e que reflicte a fusión musical entre Cuba e Galicia, froito dun longo traballo de tres anos, foi presentado recentemente na flamante Factoría Compostela, o espazo de arte que conta na capital cubana co seu espazo irmá Factoría La Habana. O folk galego e o jazz latino, a muiñeira, a guajira, a jota, as habaneiras ou ou danzón -o baile nacional de Cuba, nacido precisamente do talento dun galego-cubano, Miguel Faílde, e do que xurdirían outros bailes como o mambo ou o chachachá- fúndense nunha simbiose natural neste traballo discográfico editado por A Central Folque e Falcatruada.
Que pensades?
Sem comentários:
Enviar um comentário