09/12/09

Para os comentaristas deste blog!!

O primeiro que queremos e dar as GRAZAS ós nosos comentaristas. Agradecemos vos guste esta actividade que dende o curso pasado vai andando cada día con máis forza.Pero sabedes unha cousa? Sen vós do outro lado isto non tería sentido ningún!
E sabedes outra cousa?Este ano o alumnado que está no ENDL vai colgando cousas moi chulas, entre elas o vídeo que algúns vistes no día de hoxe.
Os nosos parabéns para o alumnado que nos está axudando moito co ENDL!
E coa porta aberta a todos e a todas que queiran animarse e apuntarse a facer pequenas cousas no ENDL, comentádenolo e adiante sen medo! Só podemos prometer que se aprende moito e se pasa un anaco moi bo!Ah e que de vez en cando hai pequeniños premios!
Estade atentos que vai haber concursos, novas, humor, vídeos,...
Grazas por estar aí visitando este blog!!!
Saúdos.

Claudia

P.S.:Nestes días de tanta chuvia o meu agasallo!

Sem comentários:

Enviar um comentário