Conformada polos concellos de Santa Comba e Mazaricos, a comarca do Xallas serviu de referente para historiadores e literatos do século XIX na creación do mito do celtismo.
A abundancia de castros e unha toponimia na que figuran exemplos como o de Vilar de Céltigos fixeron que moitos historiadores e literatos do século XIX se fixasen nestas terras e fixesen delas e dos seus habitantes un estandarte do celtismo. Murguía definiu este territorio nos seus escritos como “céltico por excelencia” e Pondal soñou nel “un mundo antigo e mítico, de heroes e princesas que repousan nas numerosas mámoas esparexidas”.
Opinade!
Sem comentários:
Enviar um comentário