05/11/09

Xa está na rúa 'A Esmorga' en banda deseñada


A versión cómic de 'A Esmorga' acaba de saír do prelo. O clásico da literatura galega escrito por Blanco Amor vén de ser editado pola editorial Difusora de Ideas. Esta edición en viñeta conta co traballo de Xaime Izaguirre como debuxante e Carlos Rafael como guionista.

Pedímolo para a nosa biblio?

3 comentários:

  1. Unha boa maneira de achegarlles esta obra clave da nosa literatura aos adolescentes, sempre reticentes a ler os clásicos. Haberá que botarlle un ollo e mercar para a nosa biblioteca.

    ResponderEliminar
  2. Ola a a todos/as os/as compoñentes do ENDL da Silva; desde "a terra da pataca" mándovos moitos saúdos e ánimos para que sigades coa labor de loita a prol do idioma.
    Bótovos moito en falta, á miña "xefa" de redación na busca diaria de novas nos xornais, e en xeral a todos/as.
    Saúdos e saúde, ánimo e non deixedes de traballar a prol do galego.
    Sei que o comentario non ten nada que ver coa noticia, pero quería saudarvos e demostrarvos que non me esquezo de vós.
    Unha forte aperta,Barto.

    ResponderEliminar
  3. Totalmente de acordo con Concha, imos mercala xa.
    Ola Barto, nós tamén te botamos de menos e sobre todo o taboleiro da lingua, pero sabes que dende aí tamén podes facer moito polo noso idioma, así que xa sabes, a normalizar "a terra da pataca".
    Bicasooooos

    ResponderEliminar