05/11/09

O Clúster do Libro Galego edita un manual de estilo coas súas “esencias”

O Clúster do Produto Gráfico e do Libro Galego presentou onte en Santiago a publicación do seu Libro de Estilo, un manual que recolle “a esencia do traballo das empresas deste sector en Galicia para favorecer a súa competitividade”, segundo explicou o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, quen asegurou que o clúster contribúe “á innovación produtiva e á proxección internacional da industria gráfica e do libro” de Galicia, algo que tamén apoiará este manual.
En concreto, tras dous anos de actividade, indicou Varela, o clúster está “no bo camiño gracias ao seu traballo normalizador e de imaxe de marca”. Ademais, o conselleiro resaltou que este documento recolle “a pluralidade de respostas produtivas do mercado galego e a orixinalidade” do sector. “O libro de estilo é ao mesmo tempo un catálogo do know-how e dos traballos máis importantes dos nosos editores, ilustradores, fotógrafos, deseñadores, impresores ou encadernadores”, dixo para rematar.
Opinade!

2 comentários:

  1. Iago Figueiras6/11/09 11:51

    Ola! Fiquei mui contento em quanto olhei o blogue este, tanto polo conteúdo no eido da normalizaçom, como polo que pessoalmente reviste no eido emocional, que nom é pouco. No seu momento, participei também no colegio da Silva no ENDL coa grande mestra que foi a cara Concha.
    Está muito bem a sessom "acústica" com grupos galegos de música. Já me despido e deixo-vos algo do Som do Galpom:

    http://www.youtube.com/watch?v=w2Sv-khIGZI

    Muito e bom trabalho. Umha forte aperta a todos/as.

    Iago Figueiras.

    ResponderEliminar
  2. Canto tempo e como me alegro de que os antigos alumnos nos leades! Grazas polos ánimos, este é un traballo no que participamos moitos e aos que debo dar as grazas. A nós tamén nos gusta o Som do galpom, o seu último disco está entre as compras que faremos para a nosa mediateca en pouco tempo.
    Unha aperta e agardamos que nos sigas lendo e nos visites algún día.

    ResponderEliminar