A música galega sona dende hoxe e até o vindeiro domingo, 22 de novembro, na cuarta edición da BAFIM (Buenos Aires Feira Internacional da Música) que se celebra na capital arxentina. Nesta primeira incursión nun dos eventos máis importantes da industria musical latinoamericana, a embaixada galega está representada por cinco empresas e as asociacións AGEM (Asociación Galega de Empresas Musicais) e Agaphono (Asociación Galega de Produtoras Fonográficas) que compartirán o stand patrocinado pola Axencia Galega das Industrias Culturais.
Opinade!
Sem comentários:
Enviar um comentário