O ilustrador coruñés David Pintor foi premiado no 'Grand Prix International de la Biennal Clemont Ferrand' de cadernos de viaxe 2009. Pintor conseguiu o galardón co seu libro 'Cidades de papel' editado este ano por El patito editorial.
Pintor é coñecido por traballar baixo o seudónimo de Pinto (de Pinto &Chinto) xunto ao guionista Carlos López, que actualmente publica diariamente as súas tiras en La Voz de Galicia. O seu principal traballo no campo do cómic é Tito Longueirón, que despois de saír semanalmente no suplemento de humor Xatentendo.com, protagonizou páxinas noutras publicacións como a galega Golfiño ou a catalana Tretzevents. Como ilustrador ten unha extensísima bibliografía, tendo traballado para editoriais como Everest, SM, Alfaguara, Edelvives, Anaya, Kalandraka, Sotelo Blanco, ...
Sem comentários:
Enviar um comentário