A XVII edición da Feira das Artes Escénicas arranca hoxe. Nesta edición participan 20 compañías galegas para amosar as súas propostas e montaxes a programadores de todo o Estado. O acto de inauguración, previsto para media mañá, servirá para dar a coñecer o fallo dos premios de literatura dramática Álvaro Cunqueiro, Manuel María e Barriga Verde.
O Auditorio de Galicia será o lugar no que se dean a coñecer os autores gañadores destes prestixiosos galardóns que anualmente convoca Agadic (Axencia Galega de Industrias Culturais).
Opinade!
Sem comentários:
Enviar um comentário