O Museo do Pobo Galego inaugurou o pasado día 19 de outubro a cuarta edición da Mostra de Cinema Etnográfico. Inclúe a emisión de doce longametraxes nas que se presentan os xeitos de vivir, costumes e tradicións a través da linguaxe audiovisual.
O departamento de Educación e Acción Cultural do Museo do Pobo Galego organiza este certame centrado na recompilación de pezas galegas de alto valor etnográfico.
Nesta cuarta edición exhibiranse cintas como Eloxio da Distancia, con guión de Julio Llamazares, ou O Tempo de Recolleita, de Félix Blume, que presentan historias do rural galego que se poderán ver xunto a filmes como Unidos por el Flow que conta o proxecto do Kasal de Joves de Roquetes con colectivos de mozos Ñetas e Latin Kings. Iniciativas como a do movemento de ecoaldeas español da que nos fala Pueblos sin camino, aconvivencia entre homes e mulleres de Non Casamento de Helena Villares, A República dos soños sobre o Couto Mixto, Historia dunha Parroquia de Marcos Nine, ou a premiada Tiny Caterina do ruso Iván Golovnev irán proxectándose.

Achegámonos a velo e comentamos?
Sem comentários:
Enviar um comentário