28/10/09

AGE prepara a Semana da Edición Galega na FIL de Guadalaxara

A Asociación Galega de Editores, comprometida co legado dos escritores galegos máis relevantes e consciente de que o futuro da edición galega pasa pola difusión, interacción e intercambio entrea as máis diversas manifestacións das letras do mundo, presentarase en Gaudalaxara con tres das máis importantes figuras da literaruta galega actual: Manuel Rivas, Fina Casalderrey e Alfredo Conde.
A FIL de Guadalaxara, evento imprescindíbel para todas as literaturas relacionadas con América, celebrará nesta edición a Semana da Edición Galega en México coa participación destes tres autores.
Que pensades?

Sem comentários:

Enviar um comentário