13/07/09

"Sen medo. Ábrelle as fiestras ao galego"

Unha nova das que nos gustan moito. O Equipo de Normalización Lingüística do IES 'Auga da Laxe', de Gondomar, 'Balbordo', ten unha actividade moi intensa na defensa do idioma, como obradoiros de camisolas ou marcapáxinas. Este curso presentou dúas curtas, realizadas por alumnos do centro, de todos os niveis, que comparten o obxectivo de reivindicar que "en galego estamos no mundo". Titúlanse 'Déixate mollar', coa chuvia como protagonista, e 'Abrea fiestra. Non teñas medo', que sitúa o noso idioma como lingua do mundo. Mirade un, que están ben. Noraboa ao ENDL Balbordo!!

Sem comentários:

Enviar um comentário