Arredar a lingua galega da controversia partidaria, impulsar o multilingüismo, reafirmar e desenvolver ou Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega e impulsar «unha cooficialidade simétrica dentro da Constitución, na que todos os cidadáns teñan dereitos e deberes co castelán e co galego, e a única forma de acadar a igualdade cidadá». Estes son os catro puntos propostos pola Real Academia Galega (RAG) para acadar «un acordo social integrador, a prol do uso, a dignidade e a continuidade do idioma». Estas propostas están contidas no documento aprobado polo plenario da institución e dado a coñecer onte na sede da RAG coa asistencia da maioría dos membros numerarios.
A Rag «observa con preocupación os pronunciamentos e as polémicas» que considera deben ser superadas «pola acción dun Goberno que aspire a ser o de todos os cidadáns».
«Ninguén é propietario da lingua», engade, e afirma que os poderes públicos «están obrigados a meditar serenamente a que escenario queren levar á sociedade galega».
Esperamos as vosas opinións pero coincidimos plenamente con estes argumentos.
Sem comentários:
Enviar um comentário