12/05/09

Outorgan o XXIII Premio Ánxel Fole a Carlos Nuevo Cal e Emilio Xosé Insua

O XXIII premio Ánxel Fole, dos máis importantes no panorama literario galego, fallouse onte, sendo galardoados Carlos Nuevo Cal e Emilio Xosé Insua, pola súa obra Maruja Mallo: de prometedora pioneira a artista universal (Materiais para unha biografía exacta e completa da pintora viveiresa entre 1902-1936). O ensaio é unha exhaustiva análise sobre a vida da artista, que epatou á totalidade do xurado. Os integrantes consideran dedicar a próxima edición a Xosé Díaz Jácome.

Opinade!

Sem comentários:

Enviar um comentário