15/05/09

O 17 de maio

O galego que non fala
Na lingua da súa terra
Non sabe o que ten de seu
Nin é merecente dela.
("Da vella roseira", Victoriano Taibo)
Mañá 17 de maio celebraremos o Día das Letras Galegas manifestándonos en Compotela en defensa do noso idioma. Poque o galego é a nosa columna vertebral, o idioma que nos une. Vén cada nós, para expresarmos todas e todos xuntos que queremos vivir en galego. Adherímonos así mesmo ao "Manifesto pola convivencia lingüística e a igualdade de dereitos para o galego", promovido por A Mesa pola Normalización Lingüística. (http://www.amesanl.org/campanhas/convivenciaeigualdade.htm)

Sem comentários:

Enviar um comentário