26/05/09

A banda deseñada galega, preparada para Barcelona


Galiza contará cunha destacada presenza na XXVII edición do Saló Internacional del Cómic de Barcelona, onde é comunidade convidada.

A Consellaría de Cultura e Turismo instalará un expositor de 150 metros cadrados que servirá de plataforma de presentación para os creadores e as creadoras de Galiza. O espazo estará ilustrado polo traballo Galicia. Tempo de BD, do deseñador pontevedrés Fernando Iglesias Mouta Kohell (Vilagarcía de Arousa, 1967).
Por primeira vez, Galiza é comunidade convidada ao Saló, distinción que con anterioridade só recibiron Madrid, Valencia e as Illas Baleares. Para o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, trátase dunha oportunidade única para dar a coñecer a nosa banda deseñada. Varela Fariña xa ten confirmada a súa asistencia á inauguración do evento o vindeiro venres 29 de maio, e xunta el intervirán na inauguración a cónsul xeral de Bélxica en Barcelona, Karina Tuytschaever; o director xeral do Libro do Ministerio de Cultura, Rogelio Blanco; o conseller de Cultura da Generalitat de Catalunya, Joan Manuel Tresserras e o alcalde de Barcelona, Jordi Hereu.

Opinade!

Sem comentários:

Enviar um comentário