18/05/09

As novidades literarias, musicais e cinematográficas en A Nosa Terra Diario

As novelas que están no andel das librarías, os máis recentes espectáculos musicais e teatrais, as películas en cartel ou en dvd. Todo cabe na sección de Crítica de A Nosa Terra Diario.
Desde hai uns meses está en marcha en A Nosa Terra Diario unha completa sección de Crítica, centrada nas áreas de libros, teatro, arte e cinema/dvd. As mellores firmas da crítica galega recomendan e comentan toda a oferta cultural ao alcance dos galegos.
Xosé Manuel Eyré analiza as últimas novidades na literatura galega. Armando Requeixo pescuda na ucha dos clásicos modernos galegos para rescatar títulos que merecen estar en calquera biblioteca. María Xesús Nogueira atende preferentemente a poesía, xénero sempre moi caro aos lectores, editores e escritores. J. A. Xesteira e Xosé Valiñas dan conta das estreas cinematográficas para guiar os lectores á hora de escolleren que película iren ver. As críticas de películas perduran hoxe en día máis tempo frescas mercé ao poderoso mercado doméstico de cinema en dvd. Manuel Xestoso abre as portas dos teatros galegos. Ademais de criticar as montaxes das principais compañías galegas tamén axuda os interesados na arte dramática a escoller que títulos chegados de fóra son máis interesantes. Xoán Manuel Estévez segue a música que se está a facer actualmente en Galiza, coa especial dedicación ao folk. Xosé Manuel Buxán Bran é o encargado de presentarlles aos lectores do noso xornal o norte na arte contemporánea.
Os lectores de A Nosa Terra Diario poden comentar as críticas e aproveitar tamén para daren a súa propia opinión sobre os títulos criticados

Sem comentários:

Enviar um comentário