12/03/09

O DÍA DO PAI


Non somos nós moi dados a celebrar estas datas, cada vez máis comerciais, pero imos levar a auga ó noso rego e aproveitar o Día do pai para achegarvos a algúns libros e lecturas varias para tódalas idades.
Para comezar, un poema en portugués, porque do pai (ou da persoa que exerce como tal) deberían ser todos os días:
O Pai
É alguém em quem podemos confiar,
Com quem podemos desabafar
É alguém que fica sempre do nosso lado.
PAI é PAI e não é preciso dizer mais nada.




Un dos nosos poetas máis importantes, Darío Xohán Cabana, escribíalle así ao seu proxenitor:
“ (...) e se así for, e após da morte eu brillo,
seipan que eu fun quen son por ser teu fillo”.
Animádevos a ler o poema enteiro na súa obra Canta de cerca a morte


Os máis pequechos tamén poden disfrutar de dous contos nos que a figura do pai adquire unha relevancia especial: Con p de papá, premiado polas súas ilustracións, e Amelia quere un can; os dous da editorial Kalandraka.



Sem comentários:

Enviar um comentário