02/03/09

MÁIS DISCOS NA BIBLIOTECA









Xa contamos con máis discos na biblioteca, que os nosos compañeiros e compañeiras do ENDL acaban de rexistar e pór á vosa disposición.

- Os máis pequenos poden escoitar as versións cancións infantís moi coñecidas, como “A pulga e o piollo” ou “O Samaín”, no disco Patatín, patatán, do grupo Mamá Cabra.
- Abe Rábade Trío e outros músicos galegos ofrecen a súa interpretación musical dos poemas de Rosalía de Castro no disco Rosalía 21, en clave de jazz e folk. Precisamente veñen de presentar en Compostela o espectáculo vinculado a este disco.
- Outro disco que relacionan poesía e música é Longa noite de pedra, de Astarot, ou Unha estrela por guía, o disco homenaxe a Manuel María do noso grupo máis veterano, Milladoiro.
- De Milladoiro mercamos, por suposto, o último disco titulado Quinta das lágrimas, no que se mesturan ritmos galegos e portugueses. Hai temas que son unha delicia!
- Por último -de momento-, tedes discos de músicos que se afastan dos seus grupos para faceren discos máis persoais: Lizgairo ofrece ou seu Diacronías e Roi Casal, harpista de Milladoiro, Lendas douradas.

Levádeos en préstamo e contádenos!!

Sem comentários:

Enviar um comentário