BASES DO CONCURSO
● Poderá concorrer ao premio todo o alumnado do centro.
● Os traballos serán redactados en lingua galega, serán inéditos e de tema libre.
● Os orixinais terán unha boa presentación, con letra clara e limpa. Tamén poderán ser presentados a máquina ou a ordenador.
● A extensión mínima será de 4 versos en infantil e primeiro ciclo de primaria e, 8 versos no 2º e 3º ciclo de primaria e de 12 versos en secundaria.
● Os traballos serán presentados en DIN-A 4 e grampados en DIN-A 3, que fará as veces de portada e contraportada. Na portada figurará o título do traballo. O nome e o curso do alumno irán introducidos nun sobre que irá adxunto ao traballo presentado.
● Os textos entregaránselle aos titores en primaria e ao profesorado de lingua en secundaria.
● O prazo de presentación dos traballos rematará o luns, 20 de abril de 2009.
● Os premios consistirán en material bibliográfico e audiovisual.
● O sistema de selección e valoración dos relatos presentados será o seguinte:
- Cada profesor/titor fará unha primeira selección na súa aula.
- Os membros do Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística serán os encargados de facer a selección final dos mellores traballos e conceder os premios.
● O CPI Cernadas de Castro resérvase do dereito de publicar os traballos premiados ou calquera outros presentados a este concurso, sen apercibimento dos dereitos de autor e compensando aos autores con exemplares do volume que se poida editar.
● No caso de publicación da obra polo autor, deberase facer referencia ao premio obtido neste certame.
● As obras poderán ser retiradas dentro dos tres meses posteriores á decisión do xurado. Unha copia de todas as obras entregadas quedará na biblioteca.
● Os gañadores deste certame poderán facer unha lectura do seu traballo na biblioteca do centro.
● A participación neste certame literario implica a aceptación das bases.
Todas e todos a participar! Hai premio seguro!Boa sorte!
Sem comentários:
Enviar um comentário