A editorial galega dá un paso máis na súa política de traducións de textos fundamentais da literatura universal. Baixo esta premisa, Víctor F. Freixanes, o director da empresa, presentou onte na sede da editorial en Vigo, xunto a Marisol López Martínez, secretaria xeral de política lingüística, e Manuel F. Vieites, director da Escola Superior de Arte Dramática, a colección Biblioteca ESAD Textos.
A iniciativa é unha colaboración coa Escola Superior de Arte Dramática, e pretende ir traducindo obras teatrais fundamentais para entender o medio ao longo do tempo. A proposta comeza ben, coa publicación de dúas pezas de Albert Camus, outra de Eugene O’Neill e unha última de Juan Mayorga.
Os lectores poderán gozar nun único volume de Calígula e O malentendido, dous textos fundamentais na traxectoria do Albert Camus dramaturgo. O Premio Nobel de Literatura de 1957, ben coñecido por obras como O estranxeiro, tamén é un dos grandes autores teatrais franceses. Nestas dúas pezas, presenta temas fundamentais como o exercicio do poder ou a cobiza, que se vinculan coa dimensión máis perversa da condición humana. Dous títulos nos que se deixa sentir o peso do absurdo dunha existencia dominada pola ausencia de significado.
Outro Nobel, O’Neill, ten o pracer de ver traducido ao galego A Electra acáelle o loito. Nela, recupera unha das historias da Ilíada de Homero para trasladala a un país convulso por unha guerra civil. A sociedade puritana e tradicional dos EUA.
Por último, Juan Mayorga, un dos expoñentes do teatro contemporáneo español, ve publicado un volume cos tres pezas: Cartas de amor a Stalin, Himmelweg e A paz perpetua. Nelas, explóranse diferentes rexistros a partir da utilización de variados recursos dramáticos. Tres obras nas que se abordan cuestións éticas de actualidade coma a tolerancia e a liberdade cun novidoso ton poético.
Está moi ben ler o clásicos teatrais na nosa lingua, non vos parece?
Sem comentários:
Enviar um comentário