03/03/09

Falece Pepe Rubianes!

Falece Pepe Rubianes
O cómico e director teatral galego, de 61 anos, foi vítima dunha longa enfermidade.
O actor cómico e director teatral galego Pepe Rubianes morreu esta mañá na súa casa de Barcelona, aos 61 anos de idade, a consecuencia dunha longa enfermidade, segundo informaron a Efe fontes da súa produtora.
O actor e director teatral, coñecido sobre todo polos seus irónicos monólogos que en varias ocasións levou aos escenarios, é de orixe galega pero viviu case toda a súa vida en Barcelona, onde tamén desenvolveu a maior parte da súa carreira profesional.
En abril do ano pasado Rubianes anunciou que deixaba a obra de teatro O Sorriso Etíope que estaba interpretando para recuperarse dun cancro de pulmón que lle diagnosticaron.

Sem comentários:

Enviar um comentário