O día 30 de xaneiro unha telefonista do servizo de atención telefónica da eléctrica máis grande que opera en Galicia, que inicialmente se identificou polo seu nome e primeiro apelido, atendeume durante un minuto mentres eu lle explicaba un problema de subministración, na lingua que utilizo habitualmente, o galego. Despois dun minuto de conversa en ton amable, ela cambiou o seu ton e de maneira brusca díxome: "Hábleme en castellano que no le entiendo". Nese momento, ao oír o ton imperativo que ela adoptaba, pregunteille se había algunha telefonista que me puidese atender en galego, ao cal ela respondeu negativamente nun ton pouco amable. A continuación dixo que só se atendía en castelán, e que se ela me estaba a falar en castelán, o mínimo que eu podía facer era responderlle nesa lingua, por educación. Nese momento comecei a falarlle en castelán e confirmeille o meu desexo de que alguén me atendese na miña lingua, o galego. Logo dunha nova negativa bastante descortés, pedinlle que me dixese o seu nome. Ela dubidou e logo dun silencio de varios segundos identificouse só co seu nome de pila. Pedinlle tres veces que se identificase tamén co seu apelido, ao cal se negou. A continuación ela interrompeu a comunicación.
Que vos parece? Opinade!
Que que me parece? Que como non teñen competencia abusan de nós. Téñenos sen luz días e días, seica cobran o que lle parece nestas novas facturas e encima hai que falarlles como eles queren. Temos o que merecemos? O mellor si, á vista da que se montou co concurso eólico.
ResponderEliminarOlvideime dunha cousa, hai que comentar isto cos de Galicia Bilingüe, para que lle monten unha manifestación coma a de onte, vanse enterar
ResponderEliminar