O galego, catalán e o vasco poderán usarse no Tribunal de Xustiza da Unión Europa nas próximas semanas. Os representantes galegos, cataláns e vascos poderán dirixirse con cada unha destas linguas a este tribunal e seren respondidos no seu idioma, segundo avanzou o secretario de Estado para a UE, Diego López Garrido.O secretario de Estado expresou que, tras as eleccións europeas de xuño, o Estado español "solicitaralle" ao Parlamento europeo que os eurodeputados que o desexen poidan intervir nestas linguas, aínda que recordou que o órgano a quen compete esta decisión é a Mesa da Eurocámara, e iso é unha "cuestión da súa soberanía".
Que pensades?
Sem comentários:
Enviar um comentário