13/02/09

"A normalización da lingua faise coa participación da sociedade, e nestes catro anos apenas houbo diálogo"

Esta quinta feira comezaron en Compostela, no Consello da Cultura Galega (CCG), os XI Encontros para a Normalización Lingüística.

O encargado de abrir a xornada foi o presidente da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), Nel Vidal Barral, quen presentou o relatorio elaborado pola Comisión Técnica do Centro de Documentación Sociolingüística de Galiza -entidade da que fai parte, e que depende do CCG. O documento presentado é unha análise da acción de política lingüística que desenvolveu o Goberno esta lexislatura que está a piques de terminar, á que se lle achegaron varias propostas para os vindeiros catro anos.Segundo Vidal, facíase necesario facer unha avaliación da actuación do bipartito neste eido, após 16 anos de goberno popular. En 2005 nas cadeiras da Xunta sentaron outras persoas ben diferentes, e era preciso averiguar se as cousas mudaron algo, tamén en relación á política que se seguiu coa promoción da nosa lingua.Nestes catro anos, e segundo revelou Nel Vidal, producíronse algúns avances, pero aínda moi afastados do que se pretendía ao comezo da lexislatura.

Sem comentários:

Enviar um comentário