27/01/09

Xurxo Borrazás Fariña, ten novo libro!




O autor de títulos tan premiados como Na maleta ou Criminal ten xa no mercado a súa décima obra, Costa Norte/ZFK, a máis carballesa de todas.
Xurxo Borrazás Fariña (Carballo, 1963) non pode negar as súas orixes. Carballo está presente en todos os seus libros, pero dun xeito especial en Costa Norte/ZFK . Na súa última novela é doado descubrir referencias a unha infancia que pasou na rúa, cos amigos, «facendo trasnadas, atracando hortas...». É a época na que lle pasaron as cousas que lle causaron máis impacto emocional. «Eu digo sempre que para os escritores a memoria é como para os panadeiros a fariña». Da mocidade, os recordos son, quizais, un pouco peores: «Eu non tiña moito éxito... e sófrese». Lédea e comentádenos

Sem comentários:

Enviar um comentário