09/01/09

Lista en galego a principal ferramenta de creación de blogs

A comunidade de tradución Egalego, formada por voluntarios, publicou, coincidindo coa fin de ano, a localización galega de Wordpress, un dos xestores de blogs de código aberto máis coñecidos.



O paquete que se ofrece na web de Egalego.com actualiza a tradución que xa existía de Wordpress para a última versión. A 2.7 introduce importantes cambios, principalmente a nivel de xestión, cun menú renovado e novas características.
Na súa web, Egalego lembra que ofrece paquetes completos listos para instalar, e inclúe tamén a tradución de patróns e de engadidos para este xestor de contidos; informa a consellaría de Industria.
Dende logo que unha gran aposta, que opinades?

Sem comentários:

Enviar um comentário