16/12/08

Regalos en galego para este Nadal

Alumnos do CPI Vicente Otero Valcárcel de Carral elaboraron un catálogo de regalos en galego para este Nadal.

Baixo o título “Regalemos galego”, os alumnos de 3º e 4º da ESO, en colaboración co Equipo de Normalización Lingüística e do Equipo da Biblioteca, artellaron un catálogo de regalos en galego que se pode contemplar na páxina web do centro. Xoguetes, música, cinema, novas tecnoloxías, roupa, libros, xogos en rede e tradicionais... forman parte do catálogo, que remata coa Carta aos Reis Magos.
O obxectivo é achegarlles aos pais e nais do alumnado ideas que normalicen o uso do galego e amosar un eido que a penas ten visibilidade social. Que vos parece a idea? Opinade

Sem comentários:

Enviar um comentário