03/11/08

Perto de mil persoas visitan a mostra sobre o galego en Vigo

Preto de mil persoas visitaron na Estación Marítima de Vigo a mostra 'As nosas palabras, os nosos mundos' desde a súa inauguración, o pasado 24 de outubro. A mostra, organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística permanecerá aberta até o 7 de novembro.
A exposición, na que están presentes 32 idiomas, consiste nun percorrido multimedia que se pode realizar en sete linguas (galego, éuscaro, catalán, castelán, inglés, francés e neerlandés-flamengo). Así mesmo, está en marcha a web www.asnosaspalabras.org, que permite a visita virtual pola exposición e achegarse á información de interese sobre o galego e as linguas do mundo.
Entrade e comentade!

Sem comentários:

Enviar um comentário