10/11/08

Anxo Rei Ballesteros, escritor galego


Anxo Rei Ballesteros, escritor galego
Anxo Rei Ballesteros naceu nunha casa de Boqueixón no ano 1952 e morreu de enfermidade na Coruña o venres 31 de outubro. Neno sen pai, neno guerreiro. De neno veuse vivir a Santiago e criouse no barrio, nas rúas revolucionadas, nas tabernas e nos libros. Sen coñecer aqueles anos de afogo, ansiedade e frenesí non se entende ben a radicalidade de Anxo, afirma Suso deToro nun artigo xornalístico. Poderíase dicir que foi leal a aquel tempo ata morrer. Viviu coma una chimenea, fumou moito, bebeu de máis, falou abondo e gastou demasiado. Viviu unha vida de artista incendiado, a vida como arte e a arte como a vida.
O seu primeiro libro foi: Dos anxos e dos mortos, escribiu para teatro Xogos de damas e novelas como Loaira e Non sei cando nos veremos.
Dende logo que se sente a súa perda!





Sem comentários:

Enviar um comentário