21/11/08

Achégase o Nadal


Como xa se achega o Nadal,os alumnos de 3º da ESO dedicámonos a recoller entre os maiores do concello mostras de literatura popular relacionadas co Nadal. Aquí tedes algunhas:

REFRÁNS
- De Santos a Natividade, é inverno de verdade.

- Polo Nadal, cada ovella no seu curral.

- Cando Nadal nada, é sinal de boa anada.

- As chuvias de Nadal, non fan mal.

- En decembro, descansar e en xaneiro traballar.
- Quen non colle moza en San Silvestre, non a colle en todo o semestre.

- Quen non colle moza en fin de ano, non a colle en todo un ano.

- Tantos días de xeada en Nadal, como días de sol en San Xoán.

- En nadal, sementa o teu allal.

- Se nadal nada, é sinal de boa allada se a colle sementada.

- Pola Santa Lucía, o allo quere ver o dia; polo nadal, bota bico de pardal.

- O coello polo San Xoán e a perdiz polo Nadal.


PANXOLIÑAS
Hoxe é noite de nadal,
noite de grande alegría,
camiñando vai Xosé,
maila virxe María.
Camiñan para Belén,
para chegaren con día,
cando a Belén chegaron
xa toda a xente durmía.
Ábrelle as portas,porteiro,
A Xosé e María,
estas portas non se abren,
medianoite non sexa día.
Foi Xosé a buscar lumbre,
para a Virxe María.
Cando Xosé deu a volta
xa a virxe parido tiña.
Non quixo parir na cama
nin tampouco na camaciña,
que foi parir a un pesebre
onde un boi manso comía.
Tanta era a súa pobreza
que un pano non tiña,
baixou un anxo do ceo
ricos panos traía.
Pronto baixou abaixo
pronto subeu arriba,
e pregúntalle Deus do ceo
que como queda a parida.
A parida boa é boa,
na súa santa recollida,
porque non trae anxo
a un palacio que eu tiña?
Non o fixo un carpinteiro
nin home de artesanía,
que o fixo Deus do ceo
para a Virxe María.
Acabamos de cantar
con moitísima alegría.
Acabamos de cantar,
Viva a Virxe María!




Coma o Neno Xesús
que está no portal
aínda non vin outro
que lle fose igual.
Eu durmindo estaba
cando veu meu pai,
colleume da orella:
“levántate, Brais”
Díxome “anda pronto,
corre a ver que hai,
que a Belén correndo
todo o mundo vai”.
I eu saín fuxindo
envolto nun mantelo
arrimado a un moco
feito de ameneiro.
Eu vin desde lexos
un pobre pendello
e nel unha nena
coidando dun neno,
e xunta o pesebre
había un carpinteiro
facendo un barrelo
para abalar ó neno
que a nena collía
con moito xeitiño,
Decíalle ó neno
“durme, Xesuiño”.
Eu na miña vida vin,
outro neno tan feito
ten unhas olliñas
que parecen dous luceiros.

CANTIGAS
As fechas da navidade,
son fechas moi familiares
todo o mundo anque estea lonxe,
torna a vida ós seus fogares.
Ó pasar a navidade
tamén xa vén ano novo,
comeza unha vida nova
e empeza un ano moi longo.

E despois do ano novo
tamén xa chegan os reises,
veñen cargados de regalos
Xa o veredes!


AGUINALDO
Caeulle a folla á viña
viva o amo desta casa
e maila súa familia.

Se non ha dar moito
déanos máis pouco,
un tousiño enteiro
e metade doutro.

Sem comentários:

Enviar um comentário