20/10/08

Xusto Beramendi gaña o Premio Nacional de Ensaio cunha obra en galego.


O catedrático de historia, Xusto González Beramendi, gañou o pasado día 17 outubro o premio Nacional de Ensaio, que outorga o Ministerio de Cultura, por De provincia a nación. Historia do galeguismo político, unha obra en galego que non ten sido traducida ao castelán e que xa obtivo o Premio da Crítica de Galicia.Este premio, dotado con 20.000 euros, concédese á mellor obra de ensaio publicada no 2007 en español ou nas linguas cooficiais que se falan en España. Beramendi, enxeñeiro industrial e historiador,é catedrático de Historia Contemporánea na Universidade de Santiago Compostela (USC), da que foi vicerreitor entre 1990 y 1994.
De provincia a nación. Historia do galeguismo político, publicada por Edicións Xerais, percorre en 1.200 páxinas a traxectoria do galeguismo político e a transcendencia da achega feita polo autor neste ámbito.

Sem comentários:

Enviar um comentário