11/05/08

Participa


A Mesa pola Normalización lingüística convócanos a unha mobilización cívica en Santiago de Compostela para reclamar a plena normalización do galego nos diferentes ámbitos da vida. Baixo o lema " Polo dereito a vivir en galego ", a marcha centrará as súas reclamacións na ensinanza, a administración e nos medios de comunicación, porque son os eixes "básicos" para acadar a "normalidade" do idioma.

Poderemos "pintar a lingua de azul" para impregnarse do galego e adquirir un compromiso en defensa do idioma, polo que se repartirán 10.000 piruletas desta cor.

Sem comentários:

Enviar um comentário