O venres 25 estreouse nos cines a nova película de Ignacio Vilar, Sicixia, un precioso filme que nos invita a facer un "percorrido polo amor e a Costa da Morte", visual e sonoro, que non deberiades perder.
Gustaríanos que o alumnado de 2º ciclo de ESO que fostes vela aos Cines Compostela nos deixarades a vosa opinión.
Grazas de antemán!!
O argumento da película é moi bo e interesante,pero ao vela,non é o que esperas.
ResponderEliminarSinceramente,non me gustou moito.
A min xa o argumento da película non me parecía moi interesante, o que máis me gustou foron as distintas paisaxes nas que foron buscar sons e a historia de amor non me pareceu moi orixinal. Non a volvería a ver.
ResponderEliminarO argumento é bastante orixinal, pero a película en sí non me gustou...Eso sí as paisaxes e os sons non podían ser mellores!! Na miña opinión o final puido haber sido doutra forma, para polo menos quedar cun bo sabor de boca.
ResponderEliminarO que máis me gustou da película foi a historia que conta e as paisaxe que aparecen.
ResponderEliminarO que mais me sorprendeu para mal foi o trato que se lle daba á muller.
Os actores estaban ben para o dialogo que tiñan e a actriz tiñase que meter moito no papel dunha muller maltratada tendo en conta que a pelicula era coma un documental de toda Galicia.
ResponderEliminarA película pareceume moi educativa en canto a cultura galega, a vida nos pobos, a diferencia de traballos entre homes e mulleres, a vida no mar...
ResponderEliminarGustoume moito a personaxe de Olalla, xa que era unha muller independente e cas ideas claras, pera as demais personaxes parecéronme un pouco sosas.
Gustaríame que a peli tivera máis dialogo, pero aínda así pareceume que a historia pasou moi rápido.