EDL

EDL

12/12/16

FOTOCOL CO APALPADOR




Xa vén aí o Nadal e o EDL tamén quere achegar o seu gran de area. É por isto que xa temos no corredor central dous Apalpadores, un máis baixiño para os máis pequechos e outro máis grandote para quen xa deu o estirón. Os vosos profesores e profesoras xa teñen instrucións de como debedes facer para sacar unha foto co Apalpador (referímonos a Infantil e Primaria) e, polo que respecta aos de Secundaria, poderedes facelo durante os recreos de toda esta semana. Unha profesora coa cámara en man estaravos agardando para fotografarvos. Así como teñamos todas as fotografías irémolas subindo á galería da páxina do cole. Pero cando isto ocorra, poremos un enlace neste mesmo blog para que as poidades ver nas aulas todos e todas xuntos, así como tamén nas vosas casas coas familias.

Un ano máis, aproveitamos para deserxarvos unhas boas vacacións, mais mentres tanto recordámosvos que debedes estudar moito, moito.




Sem comentários:

Enviar um comentário