18/02/16

VISITA Á VOZ DE GALICIA



Hoxe, xoves 18 de febreiro, a práctica totalidade do alumnado de 2º e 3º ESO foron ata A Coruña para visitar as instalacións do xornal A voz de Galicia. Ambos cursos levan dous anos traballando arreo ao redor dos medios de comunicación en xeral e da prensa en particular. O ano anterior acudiron ás dependencias da Radio Televisión Galega e este ano, como non podía ser doutro xeito, completaron a visión dos medios coa visita á rotativa da Voz.
Foi unha mañá intensa onde o alumnado pasou pola sala de redacción, polo almacén onde teñen grandes rolos de papel e pola sala de máquinas onde imprimen o xornal. Tamén viron os platós de V TV e puideron satisfacer dúbidas como a de por qué o xornal non se escribe integramente en galego.
Aprenderon que dende as nove da mañá ata as nove da noite o traballo de redaccción do periódico pasa por distintas fases; aprenderon como se elaboran os Suplementos; como as máquinas empaquetan os xornais e lles meten o código de barras; como empregan papel reciclado que vén de distintos países e que alí mesmo tamén se imprimen outros sete xornais que lles envían xa maquetados, listos para imprimir, algúns tan coñecidos como o "As" ou "El País".

En fin, unha boa mañá que se verá totalmente rematada o vindeiro 17 de marzo coa visita do periodista de deportes deste mesmo xornal Alberto González. Para alá xa vos iremos contando.




Sem comentários:

Enviar um comentário